Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A ASEMBLEA DO SUÍDO ALERTA SOBRE A PROLIFERACIÓN DE PROXECTOS PARA CANTEIRAS NA CONCA ALTA DO RÍO TEA

Os ecoloxistas covelenses, preocupados polo futuro da rede natura 2000.

Tódolos proxectos de explotación e investigación mineira (Lebres, Castelo e Longo) son promovidos por David Fernández Grande, INVESTROC S.L., e afectan aos concellos de Carballeda de Avia, Covelo, Fornelos de Montes e Melón, nas serras do Faro de Avión e do Suído, na bacía alta do espazo da rede Natura 2000 e Lugar de Interese Comunitario, Río Tea.
Neste intre, existen tres proxectos en diferentes zonas: dous están na Serra do Suído, que
proximamente formará parte tamén da rede Natura 2000; o 1º é un permiso de investigación na parroquia covelense de Piñeiro, nun lugar de difícil acceso e para o que a empresa INVESTROC SL, pretende construír un acceso novo de 5 km (por riba da poza de Piñeiro); o 2º é un proxecto de explotación na parroquia covelense da Graña,
tamén no corazón da serra. O 3º e último proxecto afecta á Serra do Faro de Avión, na parroquia covelense de Prado, no lugar onde nace o Río tea, ?Fonte Tea?.
A Asemblea do Suído (Federación Ecoloxista Galega) xa alegou en contra destes proxectos mineiros debido aos efectos e alteracións negativas sobre os valores naturais, culturais e paisaxísticos das serras do Faro de Avión e Suído e do propio espazo da Rede Natura 2000, Río Tea. Os chozos e outras construcións tradicionais gandeiras do Suído, xunto cos restos megalíticos coñecidos como ?O Touzo e A Touza?, (vencellados a ritos da auga nas zonas húmidas), están ameazados con estas canteiras. Tamén diferentes hábitats naturais prioritarios e de interese europeo poden desaparecer de se levaren a cabo estas explotacións, como as turbeiras e determinados espazos húmidos de matogueira ligados á parte alta do Río Tea nas montañas, amais de moitas especies animais que viven nos mesmos hábitats, como aves, anfibios, insectos, mamíferos e réptiles.
Por último, os ecoloxistas queren salientar que de prosperar estes proxectos mineiros (aos que a Asemblea do Suído leva opoñéndose de xeito reiterado dende o ano 2005), poden comprometer e poñer en risco a viabilidade e coherencia da Rede Natura 2000 en Galicia, polo que non descartan recorrer aos tribunais e institucións europeas para denunciar estas ameazas á biodiversidade galega.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-01-2012 23:37
O RÍO CALVO, EN PARADA DE ACHAS, AMEAZADO
O Concello de Arbo pretende facer unha captación de caudal, que os veciños de Parada consideran esaxerada e innecesaria.

A veciñanza de Parada, concello de A Cañiza, non quere que lle collan auga do río Calvo. Tanto a Comunidade de Montes de Parada, como a Asociación de Veciños da mesma parroquia, opóñense á captación de auga do río Calvo, que pretende o Concello de Arbo. O río Calvo é un pequeno afluente do río Deba, un río que polo tanto ten pouco caudal, o nivel do mesmo chega a mínimos no verán, polo que a veciñanza ve perigar o seu propio abastecemento de auga, si o Concello de Arbo o final fai efectiva a captación do caudal. Dende Parada ven con moita preocupación e desconfianza todo o proceso da elaboración do proxecto de captación, dada a escasa ou nula información que teñen sobre o mesmo. Pensan que seria moito mais interesante analizar outras posibilidades de abastecemento de auga que puidese satisfacer ao Concello de Arbo, e que non prexudicase á veciñanza de Parada.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-01-2012 23:39
A VIRXE DO ROSARIO DE PRADO DA CANDA EN PEDRA
A nova figura pode ocupar un lugar destacado no templo da nosa aldea.



A parroquia de Prado da Canda conta cunha nova imaxe da Nosa Sra. Do Rosario. A pedra é o material utilizado nesta ocasión. De momento non sabemos onde vai ser a súa exacta ubicación, así como tamén o día no que se coloque no seu lugar definitivo. A imaxe aínda esta sen bendicir, que seguro se fará en breve. Esta interesante iniciativa ven a sumarse á recente restauración do tellado, así como tamén á recuperación dunha grada de madeira, en tempos perdida.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-01-2012 13:08
PANDEIRETEIRAS DE PRADO DA CANDA ABREN O SERÁN
Con bo animo e vencendo os nervios, déronse a coñecer como Airiños do Río Azal.


Aquí podemos ver a actuación, por primeira vez, do grupo de Prado da Canda, que este ano abriu o serán da nosa aldea. Fixéronse chamar Airiños do Río Azal, puxeron todo da súa parte, entre outras cousas, venceron á timidez e superaron os nervios propios dos principiantes, aquí poñemos o vídeo da súa actuación.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-01-2012 23:22
BENDICIÓN DE PRADO DA CANDA DENDE OS COTOS DA BOUZA
Os penedos dos cotos da bouza, mudas testemuñas do rito da bendición de colleitas, vivendas e animais.


Unha climatoloxía adversa acompañou aos fieis que se animaron a acompañar a Santa Bárbara, San Roque e San Sebastián no cerco de Prado da Canda. A ameaza de choiva e o frío non desanimaron, aos que armados de fe, botáronse ao camiño. Os penedos dos Cotos da Bouza foron mudas testemuñas un ano mais da bendición que dende este lugar se fai ás casas, fragas, veigas, anellos e a canto ser vivo ande ese día pola aldea. Un ano mais pechouse este circulo, cumpriuse pois un vello ritual que xa en tempos facian os nosos antepasados.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-01-2012 21:24
1 [2]
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0