|
|
|
SERÁN DE TOUTÓN, O MAIS GRANDE DO MUNDO |
|
O 12 de febreiro, a aldea de Toutón no concello de Mondariz, acollerá a XV edición do Serán dos Namorados, organizado polas Pandereteiras de Toutón. O recinto estará cuberto e pechado, este ano a organización ofrece un novo aparcamento. O serán de Toutón ten sona de ser o mais grande do mundo.
|
|
|
|
CERCO EN PARAÑOS |
|
A Asociación Veciñal de Paraños organiza un cerco, este sábado 22 de Xaneiro. A procesión sae ás 15:00 horas da Igrexa. Ao remate da andaina haberá unha foliada, a organización conta con dar uns pinchos, na casa da cultura en Moeiros.
|
|
|
|
O SANTUARIO DA FRANQUEIRA PREPARA UNHA VIAXE A MADRID |
|
O Santuario da Nosa Señora da Franqueira está a preparar unha viaxe a Madrid. Con motivo da Xornada Mundial da Xuventude, que terá lugar na fin de semana do 18 ao 21 do mes de agosto. O Santuario da Nosa Señora da Franqueira anima aos fieis a asistir a este importante acontecemento, e en especial ás persoas cunha idade que vai dos 16 ate os 35 anos. Para saber mais
|
|
|
|
SERÁN DO 2011 |
|
A organización do serán de Prado da Canda do 2011 esta a piques de rematar. O local onde se celebrará o serán xa esta acondicionado, a falta dalgúns detalles de ultima hora pódese dicir que o local esta preparado para acoller ao publico que decida visitar a nosa aldea o vindeiro 15 de Xaneiro. Aquí podemos ver un vídeo do serán celebrado no 2010. Este vídeo foi realizado por uns amigos da Asociación de Veciños, que acoden ao noso serán dende a primeira edición.
|
|
|
|