|
|
|
SABIAS QUE ? |
|
En muíños como este, buscaron refuxio moitos fuxidos durante a guerra civil. Algúns pasaron noites enteiras esperando a oportunidade para seguir fuxindo dos seus perseguidores. A nosa aldea non foi allea aos aconteceres da guerra civil, moitos veciños loitaron no frente, algúns con sorte volveron pero outros deixaron as súas vidas lonxe de Prado da Canda.
|
|
|
|
Serán de Prado da Canda 2010. |
|
Aquí iremos poñendo tódalas fotos e vídeos do Serán de Prado da Canda...
As Pandereteiras de Toutón foron as encargadas de empezar o Serán ...
|
|
|
|
Éxito de asistencia ao Serán de Prado da Canda. |
|
Moitos grupos, aproximadamente trinta, achegáronse a Prado da Canda, a mostrar a súa mestría á hora de interpretar pezas da nosa musica tradicional. Aquí podemos ver o primeiro vídeo do Serán do 2010. Os gaiteiros empezan a quentar os motores mentres empeza a encherse o local.
|
|
|
|
O Cerco de Prado da Canda volve a pecharse. |
|
Unha vez mais o Cerco de San Sebastián volveu a pecharse. Os gaiteiros e os fieis mesturáronse de novo para acompañar aos santos. A pesar de que o tempo ameazaba coa chuvia, a procesión volveu a dar unha volta mais polo perímetro da aldea. Prado da Canda conta xa coa bendición dos santos.
|
|
|
|
O numero catro da Forxa do Ferreiro xa esta impresa. |
|
 A AVV de Prado da Canda e mais a Comunidade de Montes acaban de publicar o cuarto numero da Forxa do Ferreiro. Esta publicación é o boletín informativo de ámbalas dúas institucións. Nel nos dan a coñecer as actuacións que se están a realizar na nosa parroquia. Tamén se poñen en coñecemento dos veciños a realidade das deficiencias que vimos padecendo. Nesta ocasión imprimíronse cincocentos exemplares, que serán distribuídos entre os socios da Asociación de Veciños e os comuneiros da Comunidade de Montes. Un gran número de exemplares serán distribuídos no Serán e posteriormente na comarca do
Condado - Paradanta.
A Forxa do Ferreiro é redactada e deseñada polos propios veciños.
|
|
|
|
|
|
|