Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCENTRACIÓN DE PROTESTA EN COVELO
De 17 de marzo de 2016


O colectivo veciñal de Prado da Canda, anima á participación.

A Asociación de Veciños de Prado da Canda anima á veciñanza a participar na Concentración de Protesta, convocada para este sábado, 19 de marzo, ás 19:00 horas, na Praza Mestre Cerviño de Covelo. A iniciativa pretende amosar o desacordo da cidadanía ante a eliminación do médico de atención primaria en Covelo, e a posibilidade do peche do Centro de Saúde de Maceira. O PP o BNG e o PSOE, convocan conxuntamente á poboación a manifestar o seu desacordo a esta inxusta decisión do SERGAS e o Conselleiro de Saúde da Xunta de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-03-2016 21:34
CORREMENTOS DE TERRA EN PRADO DA CANDA


As fortes chuvias provocaron danos en valados e estradas na nosa parroquia.


As chuvias fixeron dano nas estradas, camiños e valados en toda Galicia. A nosa aldea non é unha excepción, aquí a auga provocou desprendementos de terra, arrastrando arbores consigo. A estrada provincial 9301 veuse afectada no carril dereito en dirección A Franqueira – A Lamosa, as pedras dun valado de contención quedaron mesturadas con barro e restos de vexetación sobre o asfalto. Na fonte da Regia de Vería a terra desprendeuse en dous puntos, nun deles levou un piñeiro.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-02-2016 18:27
ACONDICIONAMENTO DE CAMIÑOS EN PRADO DA CANDA
Despois de algúns anos o Concello anuncia o arranxo de dous camiños na nosa aldea.

De Camiño da Arigua no inverno de fai dous anos


O Alcalde de Covelo, Pablo Castillo, anunciou na reunión celebrada coa Asociación de Veciños o acondicionamento do camiño da Arigua e do camiño da Costa. O Alcalde recoñeceu o deterioro que padecen ámbolos dous camiños, aínda así non anticipou unha data concreta de cando se van a iniciar estes traballos. O colectivo veciñal contempla con ilusión as obras que permitan a mellora destes camiños, sendo o da Arigua unha vella demanda da veciñanza de Prado da Canda.
Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-02-2016 21:47
ACORDO CON UNIÓN FENOSA
De

Despois dun ano de negociacións firmouse un acordo satisfactorio para a Comunidade de Montes de Prado da Canda.

A Comunidade de Montes ven de asinar un acordo coa compañía eléctrica Unión Fenosa. Despois dun ano de negociacións ámbalas dúas partes chegaron a un acordo. A compañía eléctrica vai facer uns traballos de mellora da rede de abastecemento de media tensión, que pasa por terreos comunais. A Comunidade de Montes fixo valer os dereitos dos comuneiros, sobre os terreos onde se van a facer as intervencións precisas por parte de Unión Fenosa.
Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-02-2016 19:27
O ALCALDE DE COVELO VISITOU PRADO DA CANDA


Esta é a segunda vez que un mandatario municipal se reúne co colectivo veciñal.

O Alcalde de Covelo, Pablo Castillo, reuniuse coa executiva da Asociación de Veciños. A primeira vez, foi o anterior Alcalde, Jose Costa, a reunión consistiu nunha visita ao centro cultural, onde o colectivo veciñal fixo ver as deficiencias que o edificio padece, tanto no seu exterior como no interior, onde padece graves filtracións de humidade. O mandatario municipal solicitou que se lle enviase unha relación por escrito de tódolos problemas que padece a casa, amosou a súa dispoñibilidade para negociar un convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación de Veciños para o uso do edificio.
Comentarios (2) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-01-2016 13:32
© by Abertal