Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Retirada de maleza no deposito da auga.
Traballos de mantemento da Comunidade de Montes.


Deposito

A maleza que rodeaba o deposito da auga foi retirada, así tamén a pista que da aceso a esta instalación. Aproveitase para abrir os camiños que permiten o paso aos mananciais que abastecen de auga potable á parroquia.





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-03-2021 12:41
A Comunidade de Montes prepara un novo Plan de Ordenación.
Pendente da aprobación nunha Asemblea Xeral, que o covid condiciona a súa celebración.

A punto están de rematar os traballos que van permitir á Comunidade de Montes ter o Plan de Ordenación debidamente actualizado. O proxecto esta sendo redactado contemplando o uso sostible do monte, reservando espazos, que pola súa peculiaridade cumpre protexer.

Luz de lúa

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-02-2021 11:51
A veciñanza de Prado da Canda quere reunirse co Alcalde
O colectivo veciñal quere falar co Alcalde para preguntar polas obras do saneamento.


O colectivo veciñal da nosa aldea solicita unha reunión co Alcalde, para aclarar todas as dubidas que están a xurdir cos traballos do saneamento da nosa parroquia. Se descoñecen os prazos de execución, o proxecto, tanto é así que nin se sabe quen fai a obra e quen a financia. Por todo isto a Asociación de Veciños quere manter unha reunión co máximo responsable do Concello, dado que cando se empezaron estes traballos, non se informou á veciñanza do que se vai facer e con que finalidade.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 12-01-2020 12:49
Prado da Canda limpa as areas de servizo
O acondicionamento da Poza da Costa é un dos primeiros traballos.


A Comunidade de Montes empeza os traballos para limpar a Poza da Costa. A retirada da maleza é a prioridade deste traballo. Non se descarta no futuro facer traballos de mellora tanto no actual peche perimetral, como nos acesos. Mellorar a entrada da auga podería ser un traballo no futuro, dado que a actual tuberia presenta rotura coa consecuente perda de auga.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-05-2019 12:36
Premio Síntete Covelo 2017
Vai camiño de cumprirse un ano da entrega deste galardón a nosa parroquia.

No mes de decembro fai un ano que o Concello de Covelo, decidiu darlle o premio Síntete Covelo, ás danzas brancas da nosa aldea. O acto foi moi emotivo producíndose momentos moi emocionantes, que sen dubida quedaran na memoria do publico asistente. Con motivo daquel acontecemento, o arquivo de imaxes editou este vídeo que se mostrou durante a entrega do premio.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-11-2018 18:56
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0