Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O NUMERO TRES DA FORXA DO FERREIRO XA ESTA IMPRESO
A AVV de Prado da Canda e mais a Comunidade de Montes acaban de publicar o terceiro numero da Forxa do Ferreiro. Esta publicación é o boletín informativo de ámbalas dúas institucións. Nel nos dan a coñecer as actuacións que se están a realizar na nosa parroquia. Tamén se poñen en coñecemento dos veciños a realidade das deficiencias que vimos padecendo. Nesta ocasión imprimíronse mil exemplares, que serán distribuídos entre os socios da Asociación de Veciños e os comuneiros da Comunidade de Montes. Un gran número de exemplares serán distribuídos na comarca do Condado - Paradanta. A Forxa do Ferreiro é redactada e deseñada polos propios veciños que desta volta contan coa axuda da Consellería de Cultura e Deporte.
Se queres recibir na túa casa a Forxa do Ferreiro, envíanos un correo electrónico o seguinte enderezo forxaferreiro @ yahoo.es . No mail nos indicas o teu enderezo de correo postal, así como a cantidade de exemplares que queres.
Categoría: XERAL - Publicado o 11-12-2008 17:42
XA ESTAMOS NA REDE
A Forxa do Ferreiro xa esta na rede.

Baixo o nome de Prado da Canda dixital, a Forxa do Ferreiro leva a xanela da rede as novas de Prado da Canda así como tamén as da Comarca. Mediante este instrumento tentaremos darvos a coñecer a realidade dunha aldea galega, enmarcada no Concello de Covelo, provincia de Pontevedra. A nosa aldea é pequena pero os seus veciños están organizados en torno a unha comunidade de montes e a unha asociación de veciños. Daremos conta nesta bitácora das actividades que ámbalas dúas institucións realizan en Prado da Canda. A Forxa do Ferreiro é o boletín informativo da comunidade de montes e mais da asociación de veciños. Agora imos tentar facer chegar as novas do boletín informativo tamén en edición dixital.
Categoría: XERAL - Publicado o 27-11-2008 12:52
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0