Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A COMUNIDADE DE MONTES RETIRA ESCOMBRO NA REGIA DA VERÍA
De 30 de maio de 2016


A pala retirou restos de vexetación e terra nun espacio utilizado para o descanso de peregrinos e sendeiristas.


A Comunidade de Montes, retira o escombro froito das ultimas chuvias tormentosas. A Rega da Vería, viuse afectada pola forza das augas, que arrastraron consigo vexetación e grandes cantidades de terra. Os traballos realizáronse antes das Pascuillas da Franqueira, facilitando así o uso deste espacio. Os traballos aínda non remataron, aínda queda terra e vexetación por retirar
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-05-2016 11:57
TRABALLOS DE MANTEMENTO EN PRADO DA CANDA
De 25 de maio do 2016


O Concello de Covelo, acomete traballos de mellora no Centro Cultural.


O Concello de Covelo realiza traballos de mellora e mantemento no Centro Cultural de Prado da Canda. Dende o remate da construcción da edificación o interior sempre tivo problemas de humidades. Algunhas baldosas do chan desprendéronse e o interior precisaba dunha intervención inmediata, que permita un bo estado de mantemento. O Concello fixo tamén unha importante limpeza a fondo da infraestructura. Estas labores, son resultado da reunión mantida recentemente co alcalde e presentación da pertinente solicitude destes traballos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 25-05-2016 20:22
PROPOSTA DE ACORDO
De CENTRO SOCIO CULTURAL


O Concello presenta un borrador aberto á negociación polo uso do Centro Cultural de Prado da Canda.


O Concello de Covelo, ven de presentar unha proposta de acordo de cesión do uso do Centro Cultural de Prado da Canda. O borrador contempla como principais responsables do uso á Comunidade de Montes e mais á Asociación de Veciños. A solicitude deste acordo foi solicitada dende fai uns anos polos colectivos veciñais da nosa aldea. Coa proposta do Concello comeza un período de negociación, dado que a proposta é moi xenérica, deixando á libre interpretación das partes algúns contidos das cláusulas propostas, sen dubida isto pode xerar confusións e malos entendidos non desexables no futuro. Dende a Asociación de Veciños e mais a Comunidade de Montes, que xa se reuniron para analizar o documento proposto, amosase unha vontade de dialogo que de como resultado un bo acordo para tódalas partes.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-05-2016 17:44
PASCUILLAS 2016
O Santuario da Franqueira ten todo preparado para acoller a grande cantidade de fieis que acoden a esta celebración.


Unha vez mais acude a súa cita anual a celebración das Pascuillas. As parroquias que acoden ó Santuario da Franqueira preparan a peregrinaxe das imaxes, que os fieis decoran con moita dedicación, nada pode quedar mal neste día. Os ollos de fieis doutras parroquias van dedicar tempo a valorar o gusto pola decoración das tallas relixiosas. Por isto, dedicase un bo esforzo a deixar as imaxes o mais decorosas posibles, dende un punto de vista estético. Os romeiros e romeiras andarán por camiños que xa antes recorreron os seus ancestros. Na Franqueira terán acubillo para o seu descanso tanto as imaxes como os portadores das mesmas. Aquí deixamos o cartel que anuncia este acto.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-05-2016 18:01
CONCENTRACIÓN DE PROTESTA EN COVELO
De 17 de marzo de 2016


O colectivo veciñal de Prado da Canda, anima á participación.

A Asociación de Veciños de Prado da Canda anima á veciñanza a participar na Concentración de Protesta, convocada para este sábado, 19 de marzo, ás 19:00 horas, na Praza Mestre Cerviño de Covelo. A iniciativa pretende amosar o desacordo da cidadanía ante a eliminación do médico de atención primaria en Covelo, e a posibilidade do peche do Centro de Saúde de Maceira. O PP o BNG e o PSOE, convocan conxuntamente á poboación a manifestar o seu desacordo a esta inxusta decisión do SERGAS e o Conselleiro de Saúde da Xunta de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-03-2016 21:34
© by Abertal