Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FESTA EN PRADO DA CANDA
cartace_rosario_2016

Os bailadores preparan con ilusión a danza ancestral da parroquia.


A primeira fin de semana do mes de outubro acollerá a festa de Prado da Canda. As festas, na honra da Nosa Sra. do Rosario, contaran coa actuación das orquestras Arena e Amazonas. A danza volverá a acompañar e recoller a imaxe da Virxe do Rosario. Os bailadores levan xa días ensaiando os pasos aprendidos xeración tras xeración. Aquí deixamos o cartace co programa da festa.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-09-2016 17:39
FESTA NA LAMOSA
P1010864

Fieis procedentes de distintos lugares acoden a esta romaría, sendo moi multitudinaria.

A parroquia da Lamosa celebra esta fin de semana a festa da Nosa Sra. do Libramento. Os mais bailadores, teñen a súa oportunidade coas actuacións das orquestras Claxxon e Talismán, que de seguro consiguerán animar á festa. Como sempre os actos relixiosos de mais relevancia están reservados para o domingo, tendo o a misa solemne ás 12:00. Aquí deixamos un cartace con mais información.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-09-2016 12:43
ROMARÍA NA FRANQUEIRA
_DSC0430

A organización ten todo preparado para realizar os actos relixiosos.

Todo preparado no Santuario para acoller aos peregrinos que decidan visitar estes días a pequena parroquia da Cañiza. Mañá o torreiro da igrexa acollerá a representacion do mouro e cristián e tamén as danzas. Os que decidan acudir poderán ver como o carro do pais portará a imaxe da Virxe da Franqueira, sendo testigos dunha profunda tradición. Podemos consultar os horarios dos diferentes actos previstos facendo click aquí ...


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-09-2016 13:20
OBRAS EN PRADO DA CANDA
P1010785

O concello realiza traballos no mantemento e acondicionamento da fonte e lavadoiro da Aldea de Arriba.



A Asociación de Veciños solicitou estes traballos nunha reunión mantida co alcalde. O colectivo veciñal xa reformara unha parte do exterior da fonte. Os traballadores municipais están eliminando as fugas que presenta o interior do lavadoiro, limpando e acondicionando o interior e rematando os exteriores desta estructura que facía anos presentaba un evidente abandono.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 31-08-2016 13:41
RASTREXO EN PARAÑOS
cartace

A Ruta do Xabriña será o escenario que acollerá este primeiro rastrexo.

A comunidade de montes e mais a asocacion veciñal de Paraños, organizan un rastrexo cultural na Ruta do Xabriña. O día escollido é o domingo día 4 de setembro dende as 9:30 horas. Os que desexen participar nesta interesante adtividade poden inscribirse no telefono 986645768 ou tamén en info@montesparanhos.com. Os grupos poden ser de un mínimo de tres persoas a un máximo de dez participantes cun membro maior de idade. A cuota é de 2€ por persoa, cada grupo terá tres horas e media para finalizar o percorrido. Poderán apuntarse un máximo de 30 grupos. A Organización interpretará as bases do Rastrexo en caso de dúbidas.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-08-2016 15:15
© by Abertal