Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Prado da Canda repara o parque infantil
A Asociación de Veciños considera necesaria esta pequena intervención.

TRABALLOS PARQUE INFANTIL


O pequeno parque infantil, tamén coñecido como xardín da infancia xa ten uns anos, e como nos pasa a nós precisa unha pequena posta a punto. O colectivo veciñal de Prado da Canda vai facer unha pequena operación estética, onde se reparará a valla de madeira do perímetro do parque, afianzar os postes, repoñer a madeira que foi caendo e por ultimo protexer cun verniz toda a valla.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-05-2017 20:23
Para saber mais ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-05-2017 22:09
O camiño da Costa muda a súa calzada
A veciñanza de Prado da Canda satisfeita cos traballos realizados.


camiño da Costa


O camiño da Costa luce deste xeito despois dos traballos realizados para o seu arranxo. Este camiño presentaba un forte, deterioro froito do abandono de moitos anos. Agora a veciñanza goza da comodidade que representa o acondicionamento desta vía de comunicación da nosa aldea.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-04-2017 12:59
Comezan traballos de mellora en Prado da Canda
Imagen-002


A veciñanza leva anos esperando estas obras, moi necesarias para facilitar o transporte de diversos servicios.

O Concello comezou as obras para mellorar o firme e mais a evacuación de augas pluviais. As maquinas traballan no camiño da Arigua e no da Costa. Ámbolos dous levan anos sufrindo o abandono, propio dunha conservación axeitada. O acondicionamento destas vías, facilitará un mellor aceso dos servicios necesarios que permiten ter unha mellor calidade de vida.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-02-2017 13:08
Paraños e Prado da Canda, celebraron os cercos
Os fieis de ámbalas dúas parroquias saíron cos santos.


cerco_2017

Pasaron xa as imaxes do cerco, pechando así o ciclo do pasar do tempo, que ano a ano nestas datas, preto da celebración do San Sebastián, as imaxes percorren sendeiros e camiños. As casas quedan dentro deste cerco, recibindo a bendición dende o punto mais alto da parroquia. Aquí deixamos unha fotos dos cercos de Paraños e Prado da Canda.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-02-2017 12:11
© by Abertal




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0