|
|
|
Prado da Canda, pequena protagonista das pascuillas |
|
Despois de viente e cinco anos, a nosa parroquia volve a facer a ofrenda nesta sinalada xornada

A parroquia de Prado da Canda realizará a ofrenda nas pascuillas. Este ano a nosa parroquia será a encargada de facer a ofrenda despois de vinte e cinco anos. Como conmemoración daquela ocasión os fieis preparan con ilusión tódolos detalles desta celebración. Os colectivos veciñais, tanto a Comunidade de Montes como a Asociación de Veciños, fixeron un esforzo para tentar ofrecer unha boa cara da nosa parroquia. O Concello de Covelo tamén implicouse na causa dado que limpou de maleza algunhas pistas forestais, facilitando así o paso dos peregrinos e das imaxes que portan dende as diversas parroquias de orixe. |
|
|
|
Prado da Canda realiza traballos de mantemento |
|
A Xunta Reitora da Comunidade de Montes, procede a realizar traballos aprobados polos comuneiros na ultima asemblea.

A Comunidade de Montes ven de acondicionar o entorno da Regia da Vería e mais a Fonte da Prata. Os traballos centráronse na retirada da maleza, reposición de un dos piares da entrada, reparación de bancos de pedra e valados, así como tamén reposición dun adorno de canteira. Aproveitáronse os traballos para soterrar un novo tubo coa finalidade de canalizar a auga sobrante da fonte. Puxéronse pedras para impedir a entrada e vehículos nas inmediacións da fonte. Aquí deixamos algunhas fotos |
|
|
|
Prado da Canda repara o parque infantil |
|
Os traballos de mantemento ofrecen uns bos resultados.

O parque infantil da nosa aldea remozou, despois do traballo de reparación e vernizado da valla que pecha o perímetro da area de xogos. Repúxose a madeira que co paso dos anos foi caendo, afirmáronse as gretas existentes, alienáronse pezas que coa humidade foron perdendo a súa forma orixinal. Aínda quedan tarefas por facer para que quede rematado este pequeno traballo de mantemento.
|
|
|
|
Prado da Canda volve a lucir a súa sinal de identidade |
|
O indicador da parroquia sufriu o paso do tempo, cumpría unha reparación.

O colectivo veciñal de Prado da Canda ven de repoñer o cartace de sinalización da nosa aldea. Este indicador foi colocado xa fai uns anos, presentaba un grave deterioro o que urxía á súa reparación. Aquí deixamos unha fotos de como estaba e de como luce unha vez reparado.
|
|
|
|
O camiño da Arigua luce doutro xeito |
|
Despois de moitos anos, a veciñanza de Prado da Canda ve arranxado un camiño abandonado.

Nalgún tempo os camiños eran reparados polos propios veciños, o adro da igrexa, si tivese a facultade de falar, podería contarnos algunhas daquelas reunións. Os veciños, antes ou ben despois de escoitar a misa, falaban de arranxar tal ou cal camiño, cada quen aportaba, a parte do tempo, o que podía, algúns pedras, outros os bois e os carros se fose necesario, todos ofrecían o seu saber para sacar adiante os traballos precisos para manter en boas condicións os camiños, fontes, pontes ou o que fose necesario. Cando a obra se escapaba ás posibilidades da veciñanza acudíase ao Concello. Hoxe as cousas mudaron, non sabemos si para mellor ou para peor, pero basicamente acontece algo parecido. O Concello acometeu o arranxo do camiño da Arigua, unha demanda que podemos cualificar, sen medo a caer na esaxeración, histórica. A Asociación de veciños teimou dende o 2008 para que se acometese esta obra, pequena pero moi necesaria. Aquí deixamos unhas fotos. |
|
|
|
|
|
|