A organización do serán de Prado da Canda do 2011 esta a piques de rematar. O local onde se celebrará o serán xa esta acondicionado, a falta dalgúns detalles de ultima hora pódese dicir que o local esta preparado para acoller ao publico que decida visitar a nosa aldea o vindeiro 15 de Xaneiro. Aquí podemos ver un vídeo do serán celebrado no 2010. Este vídeo foi realizado por uns amigos da Asociación de Veciños, que acoden ao noso serán dende a primeira edición.