A executiva da Asociación de Veciños comeza a organizar o serán do 2011, que será como ate agora no mes de xaneiro. Co animo de éxitos anteriores, a organización prepara algunha sorpresa para esta nova edición, que espera sexa do agrado do publico asistente. Dende a executiva non se aforrarán esforzos para conseguir un bo ambiente de festa onde músicos, bailadores e bailadoras poidan gozar dun bo serán. A Asociación de Veciños considera que o serán é un bo instrumento para dar a coñecer a nosa aldea.