Numeroso publico acercouse ao concello de Salvaterra, concretamente a Fornelos da Ribeira. As distintas representacións teatrais contaron coa atención do publico, que acudiu dende distintos lugares da comarca. A Mostra de Teatro, que organiza a Asociación Cultural Solpor, é un dos poucos acontecementos culturais da comarca, onde a maioría dos concellos apostan mais por festas gastronómicas. Aquí podemos ver algunhas imaxes das distintas representacións.