A Asemblea do Suído (FEG) vén de presentar un recurso de alzada para paralizar o novo proxecto eólico promovido outra vez por ?Eurovento, S.L.?, que teima en destruír este espazo de media montaña galego co apoio incondicional da Xunta de Galicia.
Se por unha banda o Suído é candidato a formar parte da Rede Natura 2000 (polo menos iso é o que se sabe tirando da propia documentación da Administración), agora a propia Xunta aproba a construción deste parque eólico sen lle tremer a man. Se ben na nova Lei eólica do PP especifícase a prohibición de construír novos parques eólicos en Rede Natura, esta mesma lei non di ren sobre se é posíbel facelo en espazos para a súa ampliación: logo desta resolución e da Orde de reparto dos 2325 MW, podemos ollar como na realidade si que se permite.
Podedes ver o recurso e ollar máis polo miúdo os argumentos que utiliza a Asemblea do Suído para se opoñer a este proxecto, no seguinte enlace.