A Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda comeza unha campaña para facer mais socios. O tecido asociativo de Prado da Canda precisa medrar, para conseguir este obxetivo a Asociación vai facer unha campaña que consistira en dará coñecer os traballos realizados nos últimos anos. Se publica un cartel que será colocado na aldea e ademais tamén en internet. Se espera animar ás persoas que a dia de hoxe non son socios a colaborar co colectivo veciñal, que a pesar da súa xuventude, e limitación orzamentaria, pode presentar un bo numero de obxetivos cumpridos. A pesar disto aínda queda moito por facer. Cada ano se somete a aprobación da Asemblea Xeral un plan de traballo, onde se fixan os obxetivos tanto anuais como plurianuais.