A Executiva da Asociación de Veciños reunida esta fin de semana aprobou unha nova campaña. A Executiva entende que a pesar de ter unha base de datos con mais de cincuenta socios, aínda se pode medrar mais. Co fin de animar á veciñanza a participar no colectivo veciñal se visitarán as casas onde ao día de hoxe non hai ningún socio. Crearanse carteis para súa colocación na aldea, así como tamén no blogue da Asociación de Veciños. Esta campaña únese a que ate agora se viñan realizando. O colectivo veciñal animará tamén a aquelas persoas que non queiran ser socias a que fagan apartacións esporádicas como teñan a ben facelo, sen estar suxeitos a cotas nin a prazos. Os socios que por calquera motivo deixaron de cotizar a súas cotas, no caso de estar sen emprego se lle fai unha excepción, quedando libres dos pagos.