A AVV Santiago de Prado da Canda solicitou unha reunión co Alcalde de Covelo. A Asociación de Veciños entende que o dialogo, é unha ferramenta que pode dar solución aos problemas que a nosa aldea padece. Na reunión se pretende poñer en coñecemento da autoridade municipal as inquietudes do colectivo veciñal. Entre outros temas, se falará da inauguración e usos do Centro Socio ? Cultural, e en que estado se atopa o remate das obras. O estado do alumeado publico estará presente tamén entre os temas que a Asociación de Veciños levará á reunión.