Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Danza de Prado da Canda ...



Fai xa algunhas semanas que mozas e mozas de Prado da Canda ensaian os pasos da danza. A próxima fin de semana será representada unha vez mais esta ancestral danza na honra da Nosa Señora do Rosario. Estes mozos e mozas son herdeiros dunha tradición ancestral que se perde na noite do tempo. Ninguén polo momento soubo dicir con certeza cando empezou tal tradición. A danza de Prado da Canda constitúe en si un dos elementos diferenciadores da nosa aldea, é a única que se representa no concello, os seus pasos e reviravoltas son diferentes aos que se poden ver nas veciñas Franqueira e Mouriscados. Sen deixar de ser o que se lle chama unha danza branca, ten as súas particularidades. Dende a Asociación de Veciños animamos aos mozos e mozas da nosa aldea a conservar este patrimonio. A foto que encabeza este artigo é de 1958.


FAI CLICk NO SEGUINTE ENLACE:



Categoría: XERAL - Publicado o 30-09-2009 19:33
Chuza! Meneame
© by Abertal