Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Comunidade de Montes de Covelo estrea a ruta de sendeirismo “Pedra do Lobo”.


A Comunidade de Montes de Covelo sumase á posta en valor do seu patrimonio. Os traballos foron financiados a través do programa de dinamización de AGADER. Amais da ruta, leváronse a cabo labores de restauración no muíño do Cubo na Portagrela e na cruz do Castro. A Comunidade de Montes de Covelo, tamén realizou estudos e inventarios ambientais, etnográficos e arqueolóxicos para servir de complemento ao plan de ordenación do seu monte aprobado hai dous anos, coa fin de preservar todos estes valores en conxunción co aproveitamento racional do monte para que as vindeiras xeracións gocen do patrimonio natural, etnográfico e arqueolóxico que ofrece o monte comunal de Covelo.
Categoría: XERAL - Publicado o 25-09-2009 15:58
Chuza! Meneame
© by Abertal