Un grupo de veciños e veciñas realizaron unha camiñada polo roteiro etnográfico do río Xabriña. O pasado día 16 de Agosto veciños da nosa aldea visitaron unha parte de este peculiar roteiro etnográfico . A ruta escollida foi a que vai dende Prado da Canda ate Paraños. A calzada de pedra da Ponte do Folón, os muíños e mais o Pozo do Demo espertaron a curiosidade dos sendeiristas. A ruta esta perfectamente sinalizada e faise comodamente. Os elementos etnográficos desta parte da ruta atópanse nun bo estado de conservación.