O colectivo veciñal quere falar co Alcalde para preguntar polas obras do saneamento.
O colectivo veciñal da nosa aldea solicita unha reunión co Alcalde, para aclarar todas as dubidas que están a xurdir cos traballos do saneamento da nosa parroquia. Se descoñecen os prazos de execución, o proxecto, tanto é así que nin se sabe quen fai a obra e quen a financia. Por todo isto a Asociación de Veciños quere manter unha reunión co máximo responsable do Concello, dado que cando se empezaron estes traballos, non se informou á veciñanza do que se vai facer e con que finalidade.