Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O camiño da Arigua luce doutro xeito
Despois de moitos anos, a veciñanza de Prado da Canda ve arranxado un camiño abandonado.


Camiño da Arigua

Nalgún tempo os camiños eran reparados polos propios veciños, o adro da igrexa, si tivese a facultade de falar, podería contarnos algunhas daquelas reunións. Os veciños, antes ou ben despois de escoitar a misa, falaban de arranxar tal ou cal camiño, cada quen aportaba, a parte do tempo, o que podía, algúns pedras, outros os bois e os carros se fose necesario, todos ofrecían o seu saber para sacar adiante os traballos precisos para manter en boas condicións os camiños, fontes, pontes ou o que fose necesario. Cando a obra se escapaba ás posibilidades da veciñanza acudíase ao Concello. Hoxe as cousas mudaron, non sabemos si para mellor ou para peor, pero basicamente acontece algo parecido. O Concello acometeu o arranxo do camiño da Arigua, unha demanda que podemos cualificar, sen medo a caer na esaxeración, histórica. A Asociación de veciños teimou dende o 2008 para que se acometese esta obra, pequena pero moi necesaria. Aquí deixamos unhas fotos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-05-2017 00:15
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0