A Comunidade de Montes, realiza labores de mantemento e limpeza nas inmediacións da vella plantación.
O monte comunal recibe os tractores, que unha vez mais rozan a maleza, que co tempo pode convertirse nun risco de incendio. Os traballos nesta ocasión céntranse nas inmediacións do curro, e tamén se procederá á poda e roza dun pequeno espacio da vella plantación. Os traballos enmárcanse na conservación e mantemento do monte comunal, aprobados na ultima asemblea xeral.