Os cambios realizados na danza, son promesa dunha longa continuidade.
A festa grande da nosa aldea xa queda atrás. Os acordes da danza acompañaron á procesión, onde os bailadores e bailadoras buscan unha e outra vez á imaxe da Nosa Sra. do Rosario, durante todo o camiño. Unha vez no torreiro, os danzantes executan os pasos que dende tempos que non se recordan, báilanse para comezar a recollida da imaxe. Este ano houbo novidades, cambiouse o guía e déuselle entrada a novos bailadores, con estas modificación a danza ten garantida a súa continuidade. Os integrantes mais maiores deixan paso xenerosamente ás novas xeracións, o tempo indiscutiblemente pasa para todos. Estes cambios provocaron unha maior expectación, a cal tivo como recompensa, un amplío e agradecido aplauso dun publico entregado. Para ver fotos, facer clilk na imaxe do artigo.