A Ruta do Xabriña será o escenario que acollerá este primeiro rastrexo.
A comunidade de montes e mais a asocacion veciñal de Paraños, organizan un rastrexo cultural na Ruta do Xabriña. O día escollido é o domingo día 4 de setembro dende as 9:30 horas. Os que desexen participar nesta interesante adtividade poden inscribirse no telefono 986645768 ou tamén en info@montesparanhos.com. Os grupos poden ser de un mínimo de tres persoas a un máximo de dez participantes cun membro maior de idade. A cuota é de 2? por persoa, cada grupo terá tres horas e media para finalizar o percorrido. Poderán apuntarse un máximo de 30 grupos. A Organización interpretará as bases do Rastrexo en caso de dúbidas.