O Santuario da Franqueira ten todo preparado para acoller a grande cantidade de fieis que acoden a esta celebración.
Unha vez mais acude a súa cita anual a celebración das Pascuillas. As parroquias que acoden ó Santuario da Franqueira preparan a peregrinaxe das imaxes, que os fieis decoran con moita dedicación, nada pode quedar mal neste día. Os ollos de fieis doutras parroquias van dedicar tempo a valorar o gusto pola decoración das tallas relixiosas. Por isto, dedicase un bo esforzo a deixar as imaxes o mais decorosas posibles, dende un punto de vista estético. Os romeiros e romeiras andarán por camiños que xa antes recorreron os seus ancestros. Na Franqueira terán acubillo para o seu descanso tanto as imaxes como os portadores das mesmas. Aquí deixamos o cartel que anuncia este acto.