Os comuneiros da nosa aldea serán convocados a decidir o futuro do monte comunal.
A comunidade de montes de Prado da Canda, prepara a próxima Asemblea Xeral. Na convocatoria deste ano os comuneiros teñen a oportunidade de renovar a Xunta Reitora, dado que xa se cumpriron os catro anos de mandato establecidos nos estatutos. Os comuneiros poden presentar candidaturas á Xunta Reitora na vindeira Asemblea. A Xunta Rectoral actual aproveitará a convocatoria para presentar o balance da xestión que se ten feito o ultimo ano no monte comunal.