O colectivo veciñal non organiza o serán para non dar satisfacción a os intereses particulares.
A Asociación de Veciños de Prado da Canda suspéndeo o serán que tiña previsto organizar para estas datas. Por intereses alleos á organización que impiden utilizar como viña sendo habitual o espacio que albergou durante anos esta festa, e non atopando con tempo suficiente alternativas a este imprevisto, o colectivo veciñal decidiu aprazar o serán do 2015. A Executiva veciñal, buscará para o ano próximo, unha alternativa que sexa axeitada e digna, para poder acoller con garantías a tódolos amantes da música tradicional.