O colectivo veciñal prepara con moito ánimo a festa da asociación.
A Asociación de Veciños de Prado da Canda, prepara a quinta edición da Festa da Asociación de Veciños. A charanga Air Jalisia será a encargada de animar ao baile á veciñanza da nosa aldea. A charanga acompañará á procesión que se celebrará despois da misa solemne. Pola tarde, no torreiro da igrexa haberá unha merenda, acompañada pola música de Air Jalisia.