As pandereteiras As Charaviscas da Cañiza consolidan esta interesante iniciativa musical.
O domingo, dia seis, o grupo de pandereteiras As Charaviscas de A Cañiza, organizan as III Xornadas de grupos tradicionais. Os grupos realizarán un pasa rúas, que sairá da Casa do Concello. As actuacións serán na Praza Maior ás vinte horas. Os grupos Muíños de Oliveira, Os Tarangaños de Mos, Froles Mareliñas e a pandereteira e cantareira Lauriña farán pasar unha boa de musica tradicional ao público que se anime a acercarse á Cañiza.