A carballeira do Cacharado, antigo lugar onde se celebraba a feira do gando, acollerá un serán.
O próximo 16 de Novembro estamos convidados ao I Serán da Castaña, no concello da Cañiza. A carballeira do Cacharado acollerá cunha carpa a quen se anime a participar nesta iniciativa organizada polo Concello de A Cañiza e a Asociación Cultural Furafollas de Oroso. Un magosto regado cun bo viño e acompañado de chourizos, son un combustible preciso para animar ás gaitas, pandeiretas ou calquera outro instrumento a interpretar os vellos acordes da cantigas da música tradicional.