O colectivo veciñal da nosa aldea solicita o arranxo inmediato do Camiño da Arigua, moi descoidado dende fai tempo.
A Asociación de Veciños solicita que os presupostos municipais para o 2014, recollan unha partida orzamentaria para acondicionar o Camiño da Arigua. A demanda do arranxo deste camiño remontase ao 2008, cando se solicitou por vez primeira a atención municipal sobre esta vía. O día tres de outubro o delegado da Xunta, anunciou a dispoñibilidade de 376.000 euros para o arranxo de pistas e vías de comunicación da nosa comarca, posteriormente o día vinte e dous do presente o mesmo delegado anunciou 428.000 euros para o mesmo fin anteriormente anunciado. O Concello de Covelo é quen decide onde inviste os cartos que lle corresponde, deixando a Prado da Canda, fora desta posibilidade orzamentaria. Diante desta nova a Asociación de Veciños solicita que o Concello de Covelo conte nos seus presupostos para o próximo ano, dunha partida económica que permita acometer con garantías as obras precisas para mellorar unha vía que da servizo a diversos fogares, que viron con preocupación como servizos de urxencias néganse a transitar por este camiño, especialmente nos dias de chuvia.