Os gaiteiros, transmiten a alegría da nosa música tradicional neste traballo.
Os Folieiros veñen de publicar un disco. ?Con paso ledo? é o nome do CD que recolle un interesante e bonito repertorio musical. O grupo de música tradicional ofrécenos unha escolla de pezas moi variadas que pasan por foliadas, polcas ou mesmo paso dobres. De momento aínda non podemos mercar este bonito traballo nas tendas, pero si podemos mercalo nas actuacións que o grupo fai ao longo da nosa xeografía.