Os comuneiros aproban o plan de traballo para o período do 2013 ? 2014.
A Asemblea Xeral da Comunidade de Montes aprobou a xestión, e mais deu o visto bo para que a Xunta Reitora siga a realizar as xestións necesarias para a conservación, e mais a posta en valor do patrimonio forestal e etnográfico do monte comunal. Os comuneiros asistentes realizaron diversas preguntas en relación co estado de conservación das pistas e mais da posibilidade de limpar e podar a plantación do Río Azal. A Xunta Reitora deu conta das xestións realizadas, coa finalidade de buscar a satisfacción das demandes plantexadas polos comuneiros.