O colectivo veciñal prepara con bo animo a festa do vinte e cinco de xullo.
A Asociación de Veciños da nosa aldea prepara a festa do vinte e cinco de xullo. Este ano cúmprese a cuarta edición desta festa. Os xogos populares e mais a música poderán compartir protagonismo nesta xornada festiva en Prado da Canda. A Asociación de Veciños leva anos celebrando esta pequena festa, onde os maiores aproveitan para botar unha parrafada e os mais novos descobren que hai xogos mais ala das vídeo consolas. O Torreiro da Igrexa na Aldea de Abaixo acollerá á diversión, si acaso o tempo se tornase desapracible, a festa trasladase ao Centro Socio Cultural de Prado da Canda.