No mes de agosto pode andar a data para celebrar a asemblea que decide o futuro do monte comunal.
A Comunidade de Montes de Prado da Canda, prepara a Asemblea Xeral de Comuneiros para finais de agosto. Aínda sen determinar unha data concreta a Xunta Reitora da Comunidade de Montes, prepara a Asemblea Xeral para informar e someter ao criterio da maioría dos comuneiros, os diversos temas que afectan á xestión do monte comunal. O tramite de subvencións para a limpeza do monte é un dos cabalos de batalla na xestión do ben común.