A nutrida asistencia, anima aos colectivos veciñais de Prado da Canda a seguir organizando este tipo de actividades.
Un nutrido grupo de animosos camiñantes realizaron a Andaina do Brete. Mais dunha vintena de veciños e veciñas fixeron o recorrido programado pola Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños. Os sendeiristas visitaron os Cotos da Bouza e o Coto do Brete onde puideron gozar da paisaxe que ofrecen estes miradores. Na profundidade do bosque, no Regueiro da Valouta, descubriron a cruz labrada na pedra que é o marco que define os montes comunais de Paraños e Prado da Canda. Souberon tamén da existencia de outros seres, personaxes que acostuman a saír na noite.