A organización esforzase en que todo este preparado para que sexa unha boa xornada de fe.
O Santuario da Franqueira, comezou a distribución do cartace que dá a coñecer o programa dos actos das Pascuillas do 2013. O día vinte de maio os fieis da comarca teñen un ano mais unha cita na Franqueira. O Santuario non escatima esforzos á hora de organizar a presencia dun nutrido numero de persoas, que traen consigo as imaxes relixiosas representativas das parroquias. Esta xornada tamén é un día de festa, onde moitos fieis aproveitan para dar conta do polbo á feira e fan o xantar á sombra das arbores que ofrecen os espazos naturais da Franqueira. Como nos últimos anos, o bispo da diocese oficiará a misa solemne das doce do medio día.