Os comuneiros da nosa aldea sempre consideran precisos os traballos de poda e desbroce.
A Comunidade de Montes de Prado da Canda vén de solicitar diante da Xunta de Galicia, unha axuda para podar e desbrozar a plantación do Río Azal. Nos últimos anos a Comunidade de Montes solicitou esta axuda, dado que os comuneiros consideran necesarios estes traballos silvícolas. Na plantación mencionada nunca se fixeron traballos forestais. Tódolos anos a Comunidade de Montes solicitou estas axudas, precisas para a prevención de lumes e para a boa evolución do bosque.