O Concello de Covelo mostra interese polo camiño da Arigua.
Na semana pasada o capataz de obras do Concello de Covelo, visitou o camiño da Arigua. A visita prodúcese despois de que a Asociación de Veciños solicitase, mediante escrito, a mellora do firme e mais a canalización das augas pluviais. O técnico recoñeceu verbalmente a necesidade da obra, que segundo as súas estimacións, o seu orzamento, podería chegar aos cincuenta mil euros. Recoñece que tampouco é preciso a cesión de terreos para poder acometer os traballos de mellora do camiño, dado que ten o ancho suficiente, aínda que salientou a imposibilidade de que o Concello puidese asumir os gastos derivados pola caida de muros, tendo os propietarios dos mesmos que asumir este risco. Esta ultima observación vén dada pola mala situación económica que padece o Concello de Covelo.