O colectivo veciñal da nosa aldea organiza unha festa merenda para o día do cerco.
O próximo sábado, día 26 de xaneiro, a Asociación de Veciños ofrecerá unha merenda, no primeiro andar do Centro Socio Cultural de Prado da Canda. A festa dará comezo ás oito do serán. A música estará presente, acompañando a aqueles que queiran pasar un rato de lecer, despois de acompañar aos santos no día do cerco. O chocolate ben quentiño animará aqueles corpos mais fríos.