A veciñanza de Cabeiras organiza o segundo serán na honra de San Sebastián.
No concello de Arbo celebran o II Serán de Cabeiras. Ás nove da noite do dia 19 de Xaneiro, dará comezo a festa, tendo viño e comida de balde. Os organizadores contan coa participación, ás doce da noite, do Bruxo Queiman co espectáculo Galiza Terra Meiga.