A veciñanza vese obrigada a recorrer mais kilometros tras a caída da ponte.
A ponte de Casteláns, no noso municipio, veu de quebrar. Esta ponte vertebraba á parroquia de Casteláns. Transitada por moitos viaxeiros e veciños que utilizaban esta ruta para ir a Barcia de Mera. Só houbo que lamentar danos materiais, a perda de dous cans e agradecer á providencia a sorte que tivo a unica persoa que caeu ao río, sobrevivindo a unha situación moi perigosa para a súa vida. O Concello de Covelo vén de asegurar que non conta con cartos para poder fronte á reconstrución do vial. Esta ponte era utilizada polo transporte escolar do noso municipio.