O colectivo veciñal amplía a escolla fotográfica dada a curiosidade polo traballo de imaxes da natureza de Julio Eiroa.
O interese que desperta a exposición fotográfica de Julio Eiroa, fai que se amplíen as xornadas da mostra, que só contemplaba a fin de semana pasada. Os vindeiros sábados trece e vinte, e domingos catorce e vinte e un, o Centro Socio Cultural de Prado da Canda abre as súas portas cos seguintes horarios, os sábados de 16:00 a 19:00 horas e os domingos de 17:00 a 20:00 horas. O Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños da nosa aldea agradece o interese da veciñanza pola escolla fotográfica, isto anima a seguir traballando ao colectivo veciñal a organizar actividades de contido cultural.