Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A AVV SANTIAGO DE PRADO DA CANDA COMEZA COS PREPARATIVOS DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
O Arquivo de Imaxes da AVV Santiago de Prado da Canda mostra unha parte dos seus fondos de imaxes e dá a coñecer o traballo do fotografo Julio Eiroa.

O Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda, organiza unha exposición fotográfica, onde se fai publico as novas imaxes doadas pola veciñanza. As estampas fotográficas contan xa cunha relativa antiguedade, algunhas son de mediados do século pasado. Así mesmo aproveitase a ocasión para dar a coñecer o interesante traballo de Julio Eiroa. Julio é veciño da parroquia covelense de A Lamosa. Biólogo e fotografo afecionado, ganou varios premios de fotografía, entre eles cumpre salientar o primeiro premio de sostenibilidade de Covelo do ano 2008, tamén do mesmo ano ten o primeiro premio de fotografía de natureza, no 2010 consegue o premio de fotografía de flora e fauna no Concello de Mos. O traballo de Julio Eiroa esta dirixido á fotografía de natureza abarcando os eidos do paisaxismo, flora e fauna, sendo a ornitoloxía a súa maior preferencia. Ten publicado as súa imaxes en diversas publicacións especializadas. A Asociación de Veciños vén expoñendo parte de seu arquivo dende fai xa algúns anos, esta actividade xa consolidada, conta este ano coa novidade de poder dar a coñecer a interesante labor creativa de Julio Eiroa.
A Casa da Cultura de Prado da Canda albergará as dúas exposicions, ocupando ámbolos dous andares cos que conta o edificio, aquí deixamos o cartace anunciador do acontecemento.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-09-2012 20:06
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal