A ilusión anima a mocidade a seguir executando os pasos ancestrais da nosa danza.
Mozos e mozas da aldea comezaron a ensaiar a Danza de Prado da Canda. Dende non se sabe cando esta danza é interpretada ano tras ano. Moitos veciños pasaron a formar parte desta cadea e transmitiron a testemuña ás seguintes xeracións. Sómente dous acontecementos sanguinolentos foron quen de paralizar a Danza de Prado da Canda, a guerra civil e a non menos sangría que significou a emigración da xuventude na nosa terra.