A nova Lei de Montes promovida polo goberno galego, non é do gusto de numerosos colectivos.
O nove de xuño a Organización Galega de Comunidades de Montes, organiza unha manifestación en Santiago de Compostela. A manifestación sairá ás 12 do medio día da estación do tren. A Organización Galega de Comunidades de Montes, conta entre outros apois co sindicato CIG, a Asociación para a defensa Ecolóxica de Galicia e a Federación Rural Galega, FRUGA. A manifestación esta convocada para amosar o rexeitamento destes colectivos contra a nova Lei de Montes promovida polo goberno galego.