Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MOVEMENTO DE TERRAS EN FONTEFRÍA

Deterioran unha mámoa e mais unha turbeira na Cañiza, os traballos están paralizados.

As obras estanse a realizar sen ningún tipo de licencia en solo rústico forestal, no vello pasteiro de Achas. Pretenden construír unhas pistas de aterraxe, un aparcadoiro, unhas gradas e unha cafetería carecendo de proxecto e de permisos administrativos, para o club de aeromodelismo “Vuelo a Vela Fontefría”. A Asemblea do Suído xa denunciou os feitos e púxoos en coñecemento da Gardería Forestal e de Conservación da Natureza da Consellaría do Medio Rural e do Mar, da Xunta de Galicia que xa paralizaron as obras. Os traballos contan co beneplácito e colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, do Concello da Cañiza e das Comunidades de Montes veciñais cañicenses de Achas e de Petán (segundo se desprende da documentación propia e da información da páxina web do club (http://www.vueloavelafontefria.org/noticias.html). As obras (consistentes en grandes movementos de terra) vulneran varias leis e xa danaron un elemento arqueolóxico protexido: unha mámoa ou túmulo megalítico (catalogado e protexido pola Lei de Protección do Patrimonio) e unha turbeira que pretendían entubar (hábitat prioritario en perigo de desaparición, protexido pola Directiva Hábitats e pola Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade). Todos estes traballos carecen dos permisos e licencias correspondentes, tanto municipais como da Confederación Hidrográfica (por afectar aos nacentes do río da Ponte Piñeiros, afluente do Tea), das Consellarías de Medio Ambiente, do Medio Rural e de Cultura.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-02-2012 00:15
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal