O Concello de Arbo pretende facer unha captación de caudal, que os veciños de Parada consideran esaxerada e innecesaria.
A veciñanza de Parada, concello de A Cañiza, non quere que lle collan auga do río Calvo. Tanto a Comunidade de Montes de Parada, como a Asociación de Veciños da mesma parroquia, opóñense á captación de auga do río Calvo, que pretende o Concello de Arbo. O río Calvo é un pequeno afluente do río Deba, un río que polo tanto ten pouco caudal, o nivel do mesmo chega a mínimos no verán, polo que a veciñanza ve perigar o seu propio abastecemento de auga, si o Concello de Arbo o final fai efectiva a captación do caudal. Dende Parada ven con moita preocupación e desconfianza todo o proceso da elaboración do proxecto de captación, dada a escasa ou nula información que teñen sobre o mesmo. Pensan que seria moito mais interesante analizar outras posibilidades de abastecemento de auga que puidese satisfacer ao Concello de Arbo, e que non prexudicase á veciñanza de Parada.