Os penedos dos cotos da bouza, mudas testemuñas do rito da bendición de colleitas, vivendas e animais.
Unha climatoloxía adversa acompañou aos fieis que se animaron a acompañar a Santa Bárbara, San Roque e San Sebastián no cerco de Prado da Canda. A ameaza de choiva e o frío non desanimaron, aos que armados de fe, botáronse ao camiño. Os penedos dos Cotos da Bouza foron mudas testemuñas un ano mais da bendición que dende este lugar se fai ás casas, fragas, veigas, anellos e a canto ser vivo ande ese día pola aldea. Un ano mais pechouse este circulo, cumpriuse pois un vello ritual que xa en tempos facian os nosos antepasados.